O mar aparece contaminado, os peixes que nel andan a bulire, poden non ser xa comestibles prós humáns. Acabarán convertidos en fariña prás galiñas, pró gando...., prás vacas que pola súa culpa poden entolecer. Dibuxo informático do autor.
Pontevedra, 8.11.2007
O tema das vacas tolas foi tratado no artículo que retomamos. Coido que o que nele se dí conserva todo o seu valor informativo. Se vixia-la mantenza das vacas, ás que convertimos en caníbales, é importante, cada vez ha ser máis difícil pola crecente contaminación dos mares na medida na que a fariña de peixe con soxa é parte principal da súa alimentación. Desta volta haberá que se perguntar se a mantenza dos peixes en piscifactorías non vai ter secuencias e consecuencias semellantes.
O tema das vacas tolas foi tratado no artículo que retomamos. Coido que o que nele se dí conserva todo o seu valor informativo. Se vixia-la mantenza das vacas, ás que convertimos en caníbales, é importante, cada vez ha ser máis difícil pola crecente contaminación dos mares na medida na que a fariña de peixe con soxa é parte principal da súa alimentación. Desta volta haberá que se perguntar se a mantenza dos peixes en piscifactorías non vai ter secuencias e consecuencias semellantes.
AS VACAS TOLAS [11.11.2000]
por Xesús López Fernández
Hai xa tempo que o mal das “vacas tolas” non se limita á Gran Bretaña, que está presente en Francia, onde van rexistrados 72 casos, no que vai de ano, de reses enfermas... Imprescindible o control que poida permiti-la detección precoz que facilite o sacrificio selectivo do vacuno... Rogamos que en nengún momento se nos oculte información, aínda que á hora de mercar carne de vaca, por si acaso, un acoda á carnicería de sempre, coa que existe unha relación de confianza á par do conocemento de que traballan con gando da bisbarra, á marxe da cousa macroeconómica que forza a gobernos pouco serios –como agora se sabe do de John Major— a enganar ós posibles consumidores por cuestión de alarma social ou da caída nas exportaciós de carne. A BBC reconocía hai escasos días –noticia do 27.10.2000-- que o mal de Creuzfeldt-Jakob levaba cobradas 77 vidas humás. É decir que, por evitaren pánicos, os británicos saben agora que están programadas unha serie de mortes, a razón de unha semanal, prós próximos anos.
No que vai de mes lévanse producido diversas noticias, nalgún caso contradictorias: que a enfermedade non se transmite polo consumo da carne senón pola inxesta de sesos e médula das vacas sacrificadas; que o mal pode estar tamén nas ovellas; que a causa primeira da transmisión está na mantenza da cabana en base a fariñas elaboradas co refugallo dos matadeiros, o que se tenta resolver coa incineración dos ditos restos, feito que dou orixe aquí, en Galicia, á cuota que tentan cobrar ós gandeiros por cada cabeza sacrificada. Pero a gran alarma produceuse o oito dos correntes: o noso goberno cerra as fronteiras españolas ó vacuno francés e irlandés de reproducción, medida xa en práctica pró gando procedente do Reino Unido, Portugal e Suiza. Téñase presente que ese mesmo día sóubose que o goberno francés anunciaba a existencia de decenas de casos humáns do devandito mal. De momento son tres os contabilizados, pero hai que estar preparados pró peor e, naturalmente, o pánico é xa unha vaga que se extende por todo o país.
Enténdese a petición do presidente Chirac de suspende-la utilización das fariñas de orixe animal. E novamente nos atopamos coa macroeconomía e a acusación de demagoxia por parte de Jospin, que di habería que sustituir súpetamente 435.000 toneladas de fariñas, o 10% de ingresos que ían perde-los gandeiros que venden os refugallos do sacrificio, e as 570.000 toneladas dos mesmos, a incinerar. Menos mal que Laurent Fabius comentou que hai indicios dabondo como pra ir celéricamente. Debemos ter en conta, por outra banda, que en Francia están prohibidas como mantenza de rumiantes as ditas fariñas dende o 1990, mais é sabido que moitos gandeiros galos seguíran aprovisionándose a través de Bélxica e Gran Bretaña, aproveitando a caída dos precios destos productos nas illas, despois de seren prohibidos alí no 1988. A venta exterior dos mesmos levaba implícita unha exportación da enfermedade a outros países e mercados.
Agricultura descarta o risco de posible contaxio en España. O experto Juan Badiola di que a ausencia de casos ten que ver con que as fariñas, aquí, están feitas case sempre con soxa e peixe. O home afirmou que “Francia creía tenerlo todo controlado, y se les está yendo de las manos, así que es lógico que quieran cortar por lo sano”. Pero perguntámonos se estamos a salvo, se a carne que consumimos, incluso con carimbo de “Terneira galega”, é sempre nosa. Non podemos esquece-la noticia do 24.10 –El Mundo-- pola que se decía que unha multinacional francesa retirara da circulación carne afectada –xa picada e distribuída por medio de 39 centros--. O grupo afirmou que só o 10 por cen da carne que venden aquí ven de fóra, e que a afectada non pasaría a fronteira debido ó control..Non sei, pero coido que a Creutzfeldt-Jakob lle ha resultar fácil colarse. En serio...A macroeconomía manda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario