Pontevedra, 1.11.2007 Traballo do 2000 en relación co temporal de chuvias e vento daquela acontecido. O artículo non precisa doutros comentarios.
CHUVIA, VENTO, DIES IRAE...(9.12.2000),
por Xesús López Fernández
Ó tempo que se analizan as calamidades que están a aconteceren e se propoñen soluciós máxicas, perguntámonos si se está a pronunciar un discurso políticamente serio en tódo-los casos. A situación en Cambre foi dramática a pasada semá. Houbo que libra-la auga do encoro de Cecebre –abri-las cinco comportas— e os danos non foron maiores por esta-la ría do Burgo en baixamar, ó revés de días atrás en que confluiran a remesa de caudal coa marea entrante.. Hai xentes que perderon case todo e ás que non lles ha consola-lo discurso do seu alcalde, que dixo --suponse que xustamente-- que o vicio do asolagamento teríase evitado con desaugadoiros da presa nas semás previas. Ou coa canalización do río Mero, polo que Cambre sofre as riadas ocasionadas ó descargaren o citado encoro. O drama vivido por este concello pode ser un aviso prás xentes de Caldas, con presencia de zodiacs nas súas rúas. O Umia saeuse catro veces neste Outono.
Dende a primeira das riadas lembráronlle ós caldenses que eso non tería acontecido se o encoro da Baxe represara a auga que alaga as rúas da vila termal. E tórnanlles co mesmo discurso demagóxico: que si o seu problema é o vello que tiñan en Padrón, desaparecido coa canalización do Sar. E deso sabemos en Pontevedra, porque a canalización do Lérez evitou males maiores. Mante-las xunqueiras como sería de razón requeriría, nestas chuvias, unha solución á holandesa --con diques e comportas--, porque coa auga caída sería tremendo o encontro da marea entrante co río desmadrado. E ó mellor o problema de Caldas é máis de canalización e de pontes con máis luz –que se reitera en Baión--, que non da posta en funcionamento dunha presa que non é de utilidade pública. ¿Non habería que estudiar outras soluciós?. Porque Caldas segue a vivi-lo seu drama particular mentres en Cambre están acollonados, sabedores de posibles novos envíos dende Cecebre de 55 metros cúbicos por segundo. ¡E ós de Caldas acaban de lle cerra-lo encoro!
O terrible deste trebón é que non quedou río menor. Dubra, Támega, Bubal, Sarela, Xallas, Arenteiro, Umia, todos eles a arrasaren, a asolagaren vilas e acabar con facendas i esperanzas...Non hai burgo que non saiba da chea, de rúas convertidas en ríos, de alcantarillas reventadas, de estradas cortadas... A imaxinación voa polo noso litoral, dende o Miño ata Ribadeo –Cíes, Costa da Vela, Corrubedo, Fisterra, Touriñá, Mariña luguesa..—. Na praia das Catedrales debe haber ecos do “Dies irae, dies illa.....Quantus tremor est futuros....” O día da ira, no que todo vai ser reducido a cinzas...—ou a lama, qué máis ten-- ¡Cánto tremor ha haber!. Pode que no Ulla ou na Ribeira Sacra --como no monacal río Lérez--, as almiñas de tantos frades que alí tiveron oficio estean de retorno, convocadas polo trebón, dispostas e entona-lo “Dies irae 2000”, porque dá medo que prós de Caldas non se acaba co encoro da Baxe. Con trebón pode, incluso, agrava-la situación, activa-lo Dies irae.
No hay comentarios:
Publicar un comentario