Pontevedra, 3.11.2007
Novo traballo da xeira dos do ano 2000, sobre os avisos que daquela se daban xa sobre do cambio climático, especialmente aceirádo-los de Xohán Paulo II e o de Saramago, que anunciaba daquela un novo libro, A Caverna, O Centro, onde podemos decir que converxen actuaciós caciquís, mesmo cambios viarios pra conduciren os "ludópatas" a deixaren alí a nómina. O traballo conserva total vixencia, como se fora escrito neste momento. O Centro, os Centros, lindan coa urbe; os políticos que cambiaron o sistema viario da cidade pra potenciaren aínda máis a omnipresencia dos Centros, tamén son conocidos.
Novo traballo da xeira dos do ano 2000, sobre os avisos que daquela se daban xa sobre do cambio climático, especialmente aceirádo-los de Xohán Paulo II e o de Saramago, que anunciaba daquela un novo libro, A Caverna, O Centro, onde podemos decir que converxen actuaciós caciquís, mesmo cambios viarios pra conduciren os "ludópatas" a deixaren alí a nómina. O traballo conserva total vixencia, como se fora escrito neste momento. O Centro, os Centros, lindan coa urbe; os políticos que cambiaron o sistema viario da cidade pra potenciaren aínda máis a omnipresencia dos Centros, tamén son conocidos.
A FIN DOS TEMPOS (18.11.2000)
por Xesús López Fernández
O título venme suxerido pola xuntanza que –cando redacto estas líneas— están a celebraren en Den Haag representantes de diversos países da Terra, a estudiaren a aplicación do Protocolo de Kyoto sobre quecemento global, comezo da fin do mundo... Máis que o home relixioso, que medita nese término, o home laico vive coesa preocupación que, por outra banda, finxe ignorar. E verdadeiramente –á marxe da cousa apocalíptica— houbo xa diversas fins dos tempos; por exemplo a dos dinosaurios, hai agora 65 millós de anos. Difícil o teñen os milenaristas que pensan na especie de gran sabbat que escomezaría despois do segundo milenio. O curioso é que os laicos poderosos actúan como se pra eles encetara unha era de cada vez maior dominio, ó tempo que acaban co planeta e coas comunidades que vivían asentadas na Terra, que inventaran xa as técnicas do desenvolvemento sostible por medio da súa economía de subsistencia, que haberá que retomar.
Desaparecido o 95% das especies, o home aínda está. E tivo a oportunidade de converti-lo espacio profano onde vive en sagrado –fanum--, de atoparse así con Deus. Pero parece que non está polo labor e cada día inventa novas formas de exterminio, como sinalou Xohan Paulo II con motivo do Xubileo Agrícola, o pasado 12 de novembro, ante 120.000 labregos sensibilizados, aburados pola dictadura que están a sofrir. Máis crítico co consumismo que os reunidos en Den Haag, dixo que o home fai uso do poder “prá contaminación atmosférica, o desequilibrio ecolóxico, os vertedeiros de refugallos tóxicos e mai-la deforestación”. “Se as técnicas máis refinadas non se reconcilian coa natureza, a vida do home vai correr riscos cada vez maiores, dos que xa hai avisos preocupantes”, como sabemos tamén aquí, onde non sería extraño o discurso fundamentalista tentando desautoriza-lo sermón do Papa. Xa se sabe, os apóstolos do consumismo e do deterioro ambiental.
E xa que falamos de consumismo, Saramago acaba de anunciar un libro sobre o tema. O seu título, A Caverna, alude a unha gran superficie que na novela é identificada polo nome de O Centro. Coido que ha ser de lectura trepidante, celérica. O home consumidor que acode á nova catedral non pra facer pregarias, senón pra consumir. E pódense maxinar situaciós límite varias, dende a especie de ludópata que chega á gran superficie coa nova nómina; que abordado por azafatas de short que se desprazan en patíns, vai atendendo os seus consellos e, á fin, ten que botar man de novos carros pra mercar máis roupa, dous televisores, incluso un ordeador pra non sabe qué.. Ó sairen os ludópatas do hiper, eso sí, xa non lles queda nada da nómina e han pensar en solicitar algún tipo de créto ou de anticipo reintegrable na propia empresa que lles dá traballo e que está a sofri-la competencia do centro.
Teñen razón o Papa e Saramago ó criticaren o consumismo que, privado de ética, non dubidou en canibalizar a bois e vacas. E acaba de inventar unha nova forma de morte: o mal das vacas tolas. ¿Qué daría de sí unha novela interactiva, escrita por medio de Internet, na que se aportarían ideas e conocementos diversos?... A urbe arruinada coa chegada dun gran hiper... Claves políticas, recalificaciós, cambio de uso viario promovido polos caciques pra conduciren ós ludópatas colonizados cara á claustra ou gran cova, como os ácratas costuman decir do novo templo.. Campañas de fidelización, marketing alienante: Feiras, Días Monográficos, Hamburguesas pra Escolares... 10.000 de carne, cifra máxica...Pero ese día, horror, os siareiros ven cortada a súa saída á circunvalación... As caravás son retidas... Forzas da policía e voluntarios tentan levaren ós nenos todos a ambulancias medicalizadas...¡Os servicios veterinarios evidenciaran a existencia de vacas tolas na orixe da carne agora vendida! Alarma total, o Día das Hamburguesas acaba sendo o día dos cinco, seis, dez mil lavados de estómago...As vacas da novela poderían, tamén, marca-la fin do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario