Pontevedra, 20.11.2007
Antre este traballo e o inmediato anterior pendurado no blog, pasou un ano. Neste insístese na nacesidade de cambiar de patrón cultural, de recupera-lo nexo existente antre home e natureza: que non se apaguen máis aldeas. O dibuxo presentado como cabeceira refírese a outras paisaxes nas que o colorido permanece vivo e sirve de atractivo turístico. As axencias avisan de que pode se-lo momento de achegármonos ó lugar pra así disfrutar e facere algunhas fotografías.
Antre este traballo e o inmediato anterior pendurado no blog, pasou un ano. Neste insístese na nacesidade de cambiar de patrón cultural, de recupera-lo nexo existente antre home e natureza: que non se apaguen máis aldeas. O dibuxo presentado como cabeceira refírese a outras paisaxes nas que o colorido permanece vivo e sirve de atractivo turístico. As axencias avisan de que pode se-lo momento de achegármonos ó lugar pra así disfrutar e facere algunhas fotografías.
PAISAXE E CULTURA [28.10.2000]
por Xesús López Fernández
A relación osmótica existente antre o home e o medio é real. O individuo estivo de sempre influído por el, nalgús casos en convivencia reverencial, convertindo os boscos –especialmente de carballos— en templos de adoración nos que procurar unha espiritualidade crecente. E así o prologuista da novela O Druida, de Morgan Llywelyn, aduviña na columnata de Chartres as árbores dun bosco sagrado, no que se asentaría a catedral; como tamén a de Santiago, o seu solar, foi terreo boscoso. E a arqueoloxía sirveu nalgús sitios pra verifica-la existencia auroral de fragas das que soio había noticia histórica. O home aprendería a mellora-lo entorno, a reconfigura-la paisaxe cos seus asentamentos: castros e citanias, pontes e calzadas, aldeas e muiños, castelos e mosteiros, urbes,.... Agora, cando estamos a perder gran parte do patrimonio herdado, mesmo os nomes, cobra gran importancia, con outros, o tema da reforestación e, por fin, alguén falou –e claro-- do impacto paisaxístico da mesma.
Fíxoo o enxeñeiro e profesor Antonio Rigueiro nos cursos de vran da UIMP; puxo o seu acento no tema do impacto que aquela conleva, porque a paisaxe pode mesmo devaluarse se non hai sentido cultural en cada nova actuación. Falaron daquela tamén do impacto dos muiños de vento os conselleiros de Medio Ambiente e Industria. E sexa ben vido o debate ante as diversas opciós, primando na cousa forestal as especies autóctonas e a biodiversidade, onde semella quedamos sen leme, sen rumbo. Conserva-lo medio, facer arquitectura de paisaxe como en Austria ou nos EE.UU..... Ramón Piñeiro confesa a Fernández del Riego dende Middlebury a súa admiración por medio de carta agora publicada –Un Epistolario de Ramón Piñeiro, Galaxia, carta do 22.7.1966— e compara aquela paisaxe coa de Sarria e Chamoso. E coido que os prados, as carballeiras e montes admirados polo home, son os que eu descobrín nunha viaxe feita no 1984: a paisaxe limpa, coidada, grandes prados e parques, carballedas que se perden no horizonte, animaliños en libertade –máis que respetados queridos--, ecoloxistas no Hudson, a preocupación social polo medio.
¡Qué diferencia do que aquí está a pasar dende hai dúas ou tres xeneraciós de perda de valores paisaxísticos polo abandono das aldeas, porque os labregos eran os que mantiñan viva a cultura conservacionista, ata que quebraron a súa economía por diversos medios –encoros, madeira rápida— e víronse forzados a marcharen, a buscaren outros medios de vida!. Moitas aldeas morreron. A verdade é que pouco se fixo por mellora-la sorte de tanta xente e xusto agora, cando dende algús foros propoñen a necesidade de reinventa-la relación coa Terra –amortiza-la factura que nos pasa--, haberá que promover novos asentamentos. Sen xente, as casas están a caer. Nas que aínda hai vida, apáganse continuamente voces nunha involución demográfica dramática. Abandono e caos son agora constantes en moitas das nosas bisbarras.
Cando semella difícil recupera-lo medio natural –xunqueiras, ríos, soutos-- un estima as actuaciós habidas na Illa das Esculturas ou na Xunqueira d´Alba, en Pontevedra. E bota de menos un auténtico plan prá recuperación dos montes ---menos madeira rápida, máis madeira nobre como demandaban hai pouco os fabricantes de mobles---. As arboredas autóctonas, a planificación da color na paisaxe ó longo do ano, posible con caducifolias, importan a un turismo de elite. Sábeno en Maryland ou en Massachussets; as axencias de viaxe avisan do tempo xusto pró disfroite da sinfonía de color. Algún relicario aínda temos na Galicia interior ou nos parques onde se erguen altivas as araucarias ó tempo que algún esquío –ardilla—, sobido a un arce negundo, coido anda á procura de sámaras. Pero hai moitísimo por facer. E lémbrome de Castrelo do Miño...Conservo dúas botellas de augardente póstumo, feito co bagazo da derradeira vendima do val asolagado, á espreita de abrilas cando as cousas cambien pra ben e na nosa paisaxe haxa novos signos de cultura. Tema longo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario