lunes, 5 de noviembre de 2007

¿HAI MENOS POMBAS? [5.11.2007]

Edificio en ruínas, na praza da Verdura, gran pombeiro, unha das causas da proliferación das aves que agora parece queren limitar, en boa hora. Fotografía do autor.


Pontevedra, 5.11.2007

Sigue a colaboración semanal en diversos smedios [Diario de Pontevedra, Xornal.com]. Quero que se entenda que a limitación ás bandadas de pombas que parece estar en marcha refírese, en principio, á cidade. No parque d´As Palmeiras puiden comprobar, esta mañá, que sobreabundan. Pero unha investigación sobre a mortandade comprobada, parece necesaria, según me suxire un amigo en relación co meu artículo.


¿Hai menos pombas? [5.11.2007],

por Xesús López Fernádez


As pombas como outras aves [estorniños, gaivotas, gorriós] poden chegar a seren unha verdadeira plaga, ou traer plagas ademáis de compromete-la saúde de fachadas e casas coas súas deposiciós corrosivas. En certos entornos urbáns limítase o problema por medio de diversas trampas pra deixa-las bandadas cunha menor presencia, mesmo forzalas a emigaren. Nalgunhas cidades levan ensaiado coa utilización de falcós, mesmo en aeroportos, porque unha pomba ou unha gaivota poden representar un peligro certo pró avión que se dispón a tomar terra. Eu diría que en Pontevedra, onde as dúas aves citadas presentan ou presentaban a categoría de verdadeiras plagas, comezan a remitir, como si estivesen a exerceren algún tipo de control sobre delas, servicio pró que existen empresas especializadas, con ofertas de diversos métodos: púas metálicas, redes, sistemas eléctricos…, todos eles discretos. Outra cousa sería a posible utilización dalgún que outro método radical.


A miña apreciación pode ser parcial, certo. E básome na observación de certos feitos. Por exemplo, diría que incluso na praza da Ferrería está mingoando o seu número de forma real, e que xa non se dá a masiva resposta de tempo atrás cando alí acode algunha que outra persoa, mesmo os nenos, pra lles suministra-la correspondente mantenza: pan, millo, etc. Outra razón sería a restauración que se está operando nalgunhas edificaciós da zona vella, ata algún tempo convertidas en verdadeiros pombeiros. As aves vense, no caso das restauraciós, forzadas a cambiar de pousada, a emigraren. Entendo que os grupos son decote menos numerosos e que a gran nube que se formaba na Ferrería é cada día menos nube de pombas. E as gaivotas, agora que se convertiran en aves urbás, tamén van a menos. Hai días que apenas se ve máis que algún exemplar aillado. ¿Terán descoberto novos vertedeiros, viveiros de carroña, ou tornarían ó mar?


As gaivotas atacan ás pombas. É algo que moitos de nós teremos apreciado, ver cómo pican nelas en vóo e, se poden, as rematan no chan. De vez en cando, en certas rúas do entorno da Ferrería, aínda aparece algunha pomba morta e descarnada, coido que pola razón apuntada. Outras, acobillándose contra unha fachada, sen forzas pra voar, vémolas moribundas e noutros casos, xa sen vida, apréciase un corto e viscoso regueiro que sae do seu peteiro… Daquela, ¿qué pasou? ¿Trátase dunha epidemia ou dalgún outro final de deseño? Eu comprendo que as pombas en demasía deixan de sé-la ave da paz e que dalgún xeito hai que procurar limita-la súa presencia. Acordémonos de cando Paco Vázquez tentara limita-la abundancia de gaivotas n´A Coruña. Pero, en definitiva, a solución dos falcós, pola magnitude do problema, non dou resultado. Din algús que, pra afuxentaren as gaivotas de tellados e terrazas, o espantallo mellor, solución radical según eles, é a de colocar no lugar e como “vixía principal” un moucho de plástico. Sí, de plástico.


Total que estamos ante problemas que piden soluciós delicadas, coidadas, tanto no caso das gaivotas como no das pombas; ou o dos estorniños, que tamén poden ser outra peste aínda tendo un vóo colectivo magnífico cando na retirada cara á noite, cada día máis cedo cando estos acortan, fan a súa máxica exhibición ata que, celéricamente, todos á unha, retíranse á súa morada, algo que puiden ver en non poucos lugares. Pero o aviso do “regueiro de miseria” que sae do peteiro das pombas, algo quer significar. ¿Estarían nalgún faiado a se fartaren de grao roxo, do que se bota man prós ratos? Digo esto a modo de explicación, porque non creo que ninguén poida estar manexando en directo esa solución, que mellor ha ser acodir ós outros remedios: redes, gaiolas nas que resulte fácil entrar, pero difícil sair. Así as cousas parece claro que os grandes pombeiros da Ferrería son agora lugares evitados por estas aves e que só un pequeno resto conserva alí morada, na boca de San Román.

No hay comentarios: